O medo é libre, din; así que con total liberdade pódense elixir propostas de lecer nas que pasar tensión, medo, terror ou mesmo pánico. Nas Conversas na Ferrería miramos a algunhas desas opcións para saber que busca o seu público, que temen, como reaccionan...
Atopámonos precisamente nunha das invitadas a PontevedraViva Radio unha apaixonada dos keysroom, en progresiva expansión. Leticia Fontán, é ademais xerente dun deles, KeysRoom Pontevedra e cóntanos que participou nun centenar de escenarios deste tipo, con situacións non aptas para calquera mortal.
No mesmo sector traballa Alberto Rivadulla, xerente de Area60, tamén en Pontevedra, quen achega ademais ao faladoiro experiencias que no día a día deste negocio acumula.
Para completar a intrigante e expectante conversación contamos con María José Touceda, propietaria de Casa Sueiro, unha casa rural en Cuntis onde desde hai quince anos ofrécese un espectáculo de terror interactivo, cuxa posta en escena corre a cargo do grupo que dirige Pablo Samartín. E é que 'El roce de las alas' pode quitarche o apetito, o soño, e desde logo a tranquilidade.
Atréveste a escoitar este podcast?, gózao... terriblemente.