RADIO.-A gruta de Gizamaluke: Xa podes xogar a 'Kingdom Hearts 3'
Por Redacción
Tras quince anos de espera, este martes 29 de xaneiro xa está á venda 'Kingdom Hearts 3', o esperado final da triloxía chega para PlayStation 4 e Xbox One. Hai diferentes edicións e versións que Carlos Pereiro e Sara Orozco contan no podcast de 'A gruta de Gizamaluke' con recomendacións mesmo sobre onde compralas con algúns descontos.
Esa saída ao mercado do videoxogo é unha das noticias que traen á habitual sección de 'Que pasa non mundo'. Pero non é o único título que merece o seu tempo no programa de PontevedraViva Radio. A readaptación, o remake de 'Resident Evil 2' tamén merece o seu tempo de análise.
Tampouco falta unha selección musical, que esta vez recae na banda sonora de 'Maximum Overdrive'.
E para completar este programa semanal, Carlos e Sara fixeron unha revisión dos mellores remakes da historia dos videoxogos.
Relacionadas:
-
RADIO.- A gruta de Gizamaluke visita o MUVI, o Museo do Videoxogo de Galicia
Por Redacción |
-
RADIO.- A gruta de Gizamaluke: Os videoxogos tamén celebran San Valentín
Por Redacción |
-
RADIO.- A Asociación GAMER de Pontevedra pasa por A gruta de Gizamaluke
Por Redacción |
-
RADIO.- 'A gruta de Gizamaluke' debate: Gamers, a que xogaredes no 2019?
Por Redacción |