RADIO.- Arquitectura e tradición galega plasmada na tinta dun rapaz de 15 anos
Por Marisa Ciordia
Monet, Picasso, Van Gogh ou mesmo os debuxos da tele; todo podía ser motivo para que Fernando Búa, con catro anos, se puxese a debuxar. Un rapaz de Dorrón, Sanxenxo, cuxas dotes artísticas eran evidentes, de forma que poucos anos despois os seus pais comezaron a levalo a clases particulares. Lembra no Cara a cara que o pontevedrés Rafael Prieto foi o seu primeiro mentor e del comezou a extraer a técnica da plumilla e o interese por reflectir nas súas obras a arquitectura e as tradicións galegas.
Con doce anos realizou a súa primeira exposición no seu Sanxenxo natal e para o próximo verán prepara unha mostra no Colexio de Arquitectos de Madrid, avanza en PontevedraViva Radio. É asombroso ver as súas pinturas e a aseveración non é intención de ser compracente. Para ratificalo, a exposición no Palacete das Mendoza de Pontevedra que se pode visitar ata o 7 de setembro.