![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/37f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgJyq/Lzc52L8gt0zCwMdI_/_wNDHSSU/NKUot0SvILlKxrAQ==_/5a3019764a-20171212-patxot-conversas-radio-falando-galego-643.jpg)
© Mónica Patxot
RADIO.- Conversas na Ferrería: Falando da lingua galega
![Marisa](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/a3e/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/577155e6db-5735c17382-20160513-patxot-marisa-ciordia-203-ok-pontevedraviva.jpg)
Por Marisa Ciordia
Vitoria Ogando e Anxo González forman parte da primeira promoción licenciada en Filoloxía Galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Ademais de profesores e escritores son os artífices da web ogalego.eu.
Tamén licenciado en Filoloxía Galega pola USC é Francisco Freire, actualmente profesor da Secretaría Xeral de Política Lingüística e vogal da Federación de Asociacións de Nais e Pais de Pontevedra (FANPA).
Con eles expomos o grao de uso desta lingua identitaria, que pasa coa utilización do galego en diferentes idades, se é unha lingua que está adaptada ao momento actual e conta con ferramentas nas novas tecnoloxías que fomenten o seu emprego.
Tamén expoñemos o contexto educativo, familiar, político, administrativo e cultural en relación á lingua galega.