RADIO.- Juan del Álamo e Santiago Domecq resultan os máis valorados nas Conversas taurinas de PontevedraViva Radio
![Marisa](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/a3e/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/577155e6db-5735c17382-20160513-patxot-marisa-ciordia-203-ok-pontevedraviva.jpg)
Por Marisa Ciordia
Juan del Álamo e a gandería de Santiago Domecq son o matador e a gandería que os contentulios taurinos das Conversas na Ferrería coinciden en subliñar como mellores da Feira da Peregrina. Por tanto, o último festexo do abono, o celebrado o domingo 13 de agosto, é o que resultou de maior agrado. A pesar diso, é o que rexistrou menor entrada en despacho de billetes, así o sinala tamén o empresario da praza de touros pontevedresa, Eduardo Lozano, quen se sumou a este programa de PontevedraViva Radio.
Como nas Conversas anteriores, facemos balance con Pepé Maquieira, webmaster de Taurophilos; Gonzalo Lorenzo, Alejandro Pedras e Juan Riveiro, presidente da Coordinadora de Peñas Taurinas de Pontevedra. Toureiros, peches, concesión de trofeos, portas grandes, faenas, despacho de billetes e próxima feira - que segundo o empresario volverá ofrecer os tres festexos das últimas edicións -, son cuestións que ocupan esta última charla taurina da tempada.