O catoirés Roi Casal abre este sábado 12 de agosto os concertos da Peregrina na praza de España. Nesta Playlist de PontevedraViva Radio fálanos deste proxecto co que está de xira e que dá nome ao seu último traballo: Son galego, son cubano. Moitísimo máis que un concerto. E tamén comparte este programa Carlos Prieto "Moha" de Mago de Oz que actuará o domingo 13 de agosto no mesmo escenario
Son galego, son cubano. Un "son" que tanto como verbo ser que como ritmo musical responden o título dese último traballo de Roi Casal. Un traballo do que, o que fora integrante de Milladoiro, fálanos para PontevedraViva Radio.
En 2016 arrancou a xira e este verán continúa de forma intensa. É moito máis que un concerto, é música, é cultura, e sobretodo é historia. Historia compartida entre galegos e cubanos, cun nome propio como "cicerone" do proxecto, o de Neira Vilas.
Tamén comparte Playlist Carlos Prieto, "Moha" de Mago de Oz. O grupo madrileño subirá ao escenario da praza de España o domingo 13, un día despois de Roi Casal.
A banda madrileña de heavy metal tamén busca elementos diferenciadores nas súas xiras. Ademais de falarnos da dilatada traxectoria do grupo, fálanos de Pontevedra, unha cidade que coñece, e cuxo primeiro lugar de parada, cada vez que visita esta cidade, tamén nos desvela.