RADIO.- "Non se fai ningún favor ao menor manténdoo ante situacións violentas"
Por Marisa Ciordia
"Os medos aos que se enfronta unha muller que é vítima da violencia de xénero son moitos. Medo a enfrontarse a un procedemento xudicial, ao futuro dos seus fillos, ou á reacción do autor da agresión ante a denuncia". Esta é a realidade coa que traballa a Unidade de Familia e Muller (UFAM) da Policía Nacional.
No caso de Pontevedra levan dez meses en funcionamento e leva a súa responsabilidade o inspectora xefe María Teresa Pantín Tascón.
Neste Cara a Cara de PontevedraViva Radio, a inspectora Pantín Tascón insiste na necesidade de "denunciar, denunciar e denunciar". Unhas denuncias que segundo sinala este último ano reducíronse; pero que "non signficia que haxa menos agresións".
Nesta unidade tamén prestan atención e protección aos menores. A modo de advertencia María Teresa Pantín apunta que "para o neno as condutas son aprendidas. Por iso é importante poñer fin a esas situacións violentas e que nas familias se dean conta que non están a facer ningún favor ao menor mantendo esas situacións".