O novo secretario xeral de Podemos na Comunidad de Madrid, Ramón Espinar, foi entrevistado este luns no programa La Cafetera de PontevedraVivaRadio, onde asegurou que Podemos non se está radicalizando.
A vitoria do seu modelo fronte ao de Íñigo Errejón axudará ao secretario xeral a definir as bases da próxima asemblea cidadá do partido, prevista para inicios de ano. O pacto con anticapitalistas é probablemente una das claves que explican o ocorrido na Comunidade de Madrid.
Acerca da posible batalla de liderado en Podemos, entre Pablo Iglesias e Íñigo Errejón, Espinar cre que as diferenzas están "sobreactuadas" debido ao proceso interno das primarias. "Creo que hay un debate intenso marcado porque hay diferencias políticas de fondo, modelos diferentes, pero perfectamente compatibles".
Ramón Espinar tamén falou de como incluír ao equipo do seu adversario, Rita Maestre. Aínda que admite ter pendente unha reunión con Rita confesa que "sería suicida no incluir a todo el mundo".
Ramón Espinar tamén se reafirma na aposta de Podemos con Esquerda Unida."Lo he pensado desde hace mucho tiempo", dixo. "Creo que es el sentir mayoritario de la militancia de Podemos y de la gente inscrita y los votantes y es el camino que hay que recorrer", engadiu.
Ramon Espinar cre que as candidaturas de unidade popular son "una cosa más rica que una alianza de partidos", mostrándose convencido de que "el espacio político del cambio es más amplio que Podemos".
Espinar defende "que haya diferentes actores políticos y sociales", ainda que matizando "yo no estoy planteando que vayamos a una sola organización política".
A POLÉMICA VENDA DO SEU PISO
Sobre o impacto nas primarias da información publicada acerca da venda dun piso, Ramón Espinar dixo que "no hay nadie que sepa exactamente qué impacto ha tenido, mi intuición es que estas cosas te suelen perjudicar". "Creo que beneficiarme no me ha beneficiado", afirmou.