Verónica Bugliot, Celina Torrado, Esteban Feteira e Carlos Fariña foron catro dos corredores que se inscribiron no último medio maratón que se celebraba o domingo 21 de outubro en Pontevedra.
Para uns era a primeira vez que realizaban unha proba así e outros xa suman uns cuantos retos. Uns e outros compartiron en PontevedraViva Radio a súa experiencia sobre o antes, durante e despois deses algo máis de 21 quilómetros dos que consta a carreira.
Explican por que practican o running, por que se marcan este tipo de retos, que desde logo para todos é un esforzo físico e psicolóxico, pero que merece a pena e ten a súa recompensa persoal.
Para estas Conversas na Ferrería recollemos ademais testemuños doutros runners que deixaron as súas impresións previas e posteriores en Twitter. Intercambian impresións sobre o percorrido, adestramentos, contar ou non con 'lebres', se aparece ou non ese 'muro', resposta do público, ... unha charla amena e distendida entre runners, apta para corredores e non corredores.