A historiadora e xornalista coruñesa Clara Monje tira de veciñanza para escribir a súa primeira novela, 'Los santos salvajes'. Precédelle o ensaio publicado en 2019 'Mala cosecha' co que conseguiu o Premio Juan Antonio Cebrián de divulgación histórica. Con este último título penétrase nun subgénero do terror e o thriller: o folk horror. "Ten como característica que os acontecementos se producen en contornas rurais e envolve a unha comunidade que sostén rituais con contido pagán moi antigoque continúan de forma escura, solapada. Adoita ocorrer que vén unha persoa de fóra que sen querelo se entromete onde non debería e se encuetnra envolvido nestas crenzas que perviven e chéganlle a afectar de forma directa", explica Monje no podcast 'Cara a cara'.
Un folk horror cuxos enclaves quedan reflectidos antes de chegar ao primeiro capítulo. "Sorprenderá porque é unha novela enmarcarcda no agora e máis aínda, no outono e inverno. Hai momentos craves como a Noite de Defuntos ou o solsticio de inverno e pode darse o paralelismo de lelo agora e que estean a suceder ese mesmo día cousas". Abrimos a novela e hai un mapa antigo que se detén nalgúns lugares. "Hai unha trama contemporánea e outra que se retrotrae ao século XVII e ambas se imbrican. Despois hai capítulos esparexidos por diferentes lugares da xeografía galega, pero sobre todo pola galicia interior e especialmente a Raia Seca e na Terra Chá".
"O amor para contar historias" fai que tamén se coen os Irmáns Grimm en 'Los santos salvajes' e mesmo musicalmente alberga un gran universo de temas - que publicou cunha playlist en Spotify - e na que mostra ademais a súa devoción por David Bowie. Natalia Monje é colaboradora de Cuarto Milenio, para o que fai reportaxes relacionados coa historia de Galicia, "e encántame atopar o misterio na historia. Esa idea de ver o misterio en todas partes empapa todo tipo de traballo que fago". O podcast completo pódese escoitar na ligazón que se adxunta e tamén se descarga na web de PontevedraViva Radio.