RADIO.- O profesor Juan Baquero Barajas presenta hoxe en Pontevedra o seu primeiro conto infantil: 'Desde la ventana'
Por Redacción
'Desde la ventana' é o primeiro conto infantil que escribiu un profesor de Educación Infantil pontevedrés. Juan Baquero Barajas, máis coñecido no Colexio Sagrado Corazón como o profe Juan, é o autor dese título. Unha historia que haberá quen lea ou lesen co nome dos seus protagonistas ficticios: Olivia e Alex, e haberá quen lea ou lesen cos seus nomes reais. O texto está baseado na experiencia que Juan Baquero viviu cos seus pequenos alumnos ante un caso de covid. A conta en PontevedraViva Radio.
O autor cumpriu un propósito "que desde sempre" tiña e dedícallo aos seus pequenos escolares e as súas familias. O balbordo que nesta comunidade educativa está a motivar o conto non só estriba na súa edición senón tamén no vínculo que existe entre profesor e familias.
'Desde la ventana' está a chegar a outros centros educativos e tamén o solicitaron para darlle lectura na aula para nenos do Hospital Álvaro Cunqueiro. Juan Baquero estará este venres 23 na Librería Clip de Pontevedra ás 18.00 horas presentando e asinando o conto.
No seu labor docente ten afán por espertar inquietude cara á lectura. Falamos sobre como se consegue e non é cuestión unicamente de traballo nas aulas. E xa que temos a un profesor nos micrófonos, preguntámoslle por iso tan frecuente e sufrido como son os grupos de wasap de pais do colexio... mellor escoitar a súa resposta neste podcast do 'Cara a cara'.