Eduardo Sánchez Martínez debuta no mercado editorial cunha novela negra: 'La curandera del olvido'. Ten varios protagonistas con historias entrecruzadas, pero entre todos, o principal é Santino, un ex policía.
Aínda que é novela de ficción hai un feito real que ao protagonista deste podcast 'Cara a cara' cambioulle a forma de considerar a vida... ou aquilo que sexa o que hai máis aló da vida.
En 2013, cando Eduardo exercía o seu traballo na Benemérita, viviu xunto a outro compañeiro unhaexperiencia que para uns será motivo de credudilidad e para outros de incredulidade. Unha experiencia que relatara en televisión.
Foi para o programa deIker Jiménez 'Cuarto Milenio'. Un tempo despois veciños do lugar en que ocorreu aquela situación corroboraron cos seus testemuños unhas vivencias idénticas.
Lembra en PontevedraViva Radio que escribiu a historia en dúas semanas. O proceso foi tan absorvente como a lectura. A novela leva o apelido de Sánchez non só polo autor da historia, tamén polo autor da portada, Ezequiel. O fillo de Eduardo, que por idade non leu o libro do seu pai, pero si reflectiu exactamente o que lle pediu que debuxase.
Eduardo Sánchez é vigués de orixe e leva máis de dúas décadas viviendo en Ponte Caldelas e nese municipio pontevedrés é onde escenifica a trama. Por iso a primeira presentación de 'La curandera del olvido' foi neste concello.
Vai facer máis por diferentes municipios da provincia. Pontevedra terá ocasión de coñecelo na súa vindeira Festa dos Libros (8 ao 10 de xullo na plaza da Ferrería).