Unha pregunta e a súa resposta - ou a ausencia de resposta - fai evidente a chamada de atención que a pianista internacional Isabel Pérez Dobarro fai co recital que ofrecerá o próximo día 21 deste mes noPalau da Música de Barcelona, e que foi o que ofrecía este domingo 13 en Pontevedra: Cantas mulleres compositoras de música clásica coñeces?
"Existe un repertorio amplísimo que non se estuda nos conservatorios. E necesita coñecerse", apela en PontevedraViva Radio, poñendo nomes a unhas cantas. Con todo "non houbo mulleres directoras de orquestra e agora van despuntando e fan falta estes referentes positivos para que as nenas digan: eu quero ser directora de orquestra".
Trae ao Cara a cara mensaxes reivindicativas como estas que evidencian o seu activismono empoderamento da muller e no desenvolvemento sustentable; defensa que lle levou a intervir na ONU en 2017. Esta galega, compostelá, ademais de estudos de Piano, é graduada en Dereito, estuda Relacións Internacionais e creou a iniciativa Women in Music en Nova York, onde reside desde hai uns anos.