O Salón do Libro programa tres matinés de cinema familiar
Por Oskar Viéitez
No marco do XXV Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil terán lugar tres matinés de cinema familiar das que se poderá gozar os domingos 3, 10 e 17 ás 12:00 horas no Teatro Principal.
Neste caso, o acceso é libre e de balde ata completar cabida.
O domingo 3 proxectarase 'Mironins' (Mikel Mas Bilbao e Txesco Montalt, 2021), un divertido achegamento para as crianzas máis pequenas da casa ao imaxinario do pintor catalán Joan Miró.
O domingo 10 será a quenda de 'A viaxe de Ernest e Celestine' (Jean-Christophe Roger e Julien Chheng, 2022), baseado na serie de libros infantís da autora e ilustradora belga Gabrielle Vincent.
Por último, o domingo 17 poderase ver o clásico de Hayao Miyazaki: 'Nicky, A aprendiz de bruxa' (1989).
Relacionadas:
-
Soñando maxia no Salón do Libro
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Unha gran gala de maxia brillará este domingo no Salón do Libro Infantil e Xuvenil
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
VÍDEO.- Ritmo máxico na inaguración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil
Por Redacción |
-
Comeza o Salón do Libro cargado de 25 anos de maxia e ilusión
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
'Incrible pero certo' e 'Fumar provoca tose', as delirantes propostas do Cineclube Pontevedra para febreiro
Por Redacción |
-
A aclamada "Anatomía dunha caída" chega ao Cineclube
Por Redacción |