RADIO.- A coruñesa Abril Camino leva as súas orixes a 'Nuestro último verano en la isla'
Por Marisa Ciordia
'Nuestro último verano en la isla' é o título que acaba de publicar este pasado xaneiro a coruñesa Abril Camino. Unha novela de sentimentos como prefire adxectivala ela porque ademais dos sentimentos que unen aos seus protagonistas tamén é unha novela de "grandes amizades", explica no podcast 'Cara a cara'.
Este libro fai o número dezanove na súa traxectoria como autora e non foi ata o de agora con 'Nuestro último verano en la isla' cando incluíu uns emprazamentos especiais: "é probablemente a primeira novela que mo pediu; está entre Coruña e Foz, que é o meu pobo, aínda que lle chamara isla. E sendo estes lugares quería que fose unha novela moi especial".
Que pasou entre os pais de Mariña e Lucas nesa illa no verán de 1975 para que corenta anos despois sígalles afectando?, "todo sae á luz, aínda que xa existise, coa morte do señor Martín e o que este deixa escrito no seu testamento. É o que fai reunirse de novo aos protagonistas tras dezaoito anos sen verse".
Abril Camino escribiu unha novela interxeracional; a dos que naceron na posguerra e a xeración baby boom: "ambas viviron feitos históricos, unha conxuntura política e social común. É interesantísima esa convivencia, en poucas épocas houbo tantos cambios en tan pouco tempo. Mostro tamén eses choques ideolóxicos interxeracionais, uns mozos de vinte anos no 75 e a outros mozos de vinte anos nos 90".
A charla completa pode escoitarse desde a ligazón que se adxunta e ao tempo descargar ou escoitar desde a web de PontevedraViva Radio.