O ano que pasou da histeria colectiva polo papel hixiénico nos supermercados á solidariedade máis resistente e altruísta

Pontevedra
30 de decembro 2021

O medo ao descoñecido marcou as datas previas ao estado de alarma cando a poboación achegábase aos supermercados coa intención de acadar os produtos máis indispensables. Pola contra, a medida que foron pasando os meses, a pandemia deixou imaxes de solidariedade coas persoas que peor o están a pasar, tanto profesionais sanitarios como cos máis vulnerables

Derradeiro servicio do chef Pepe Solla no Comedor de San Francisco
Derradeiro servicio do chef Pepe Solla no Comedor de San Francisco / Mónica Patxot

Centos de actos de solidariedade fóronse sucedendo nas Rías Baixas ao longo deste 2020 coa intención de apoiar ás persoas e familias que peor o están pasando debido á crise económica provocada pola pandemia.

Todo comezaba a finais de febreiro, cando se prevía a chegada do virus a través de Europa á península e xerouse un nerviosismo na poboación que terminaba por provocar a masiva afluencia aos supermercados en busca de produtos de primeira necesidade e a demanda dun material que nunca chegou a faltar ao longo do confinamento como tanto se temía: o papel hixiénico.

Co estado de alarma e o confinamento domiciliarioxurdiu un movemento de apoio aos profesionais sanitarios desde as xanelas e balcóns co reiterado 'Resistiré' do Dúo Dinámico, aplausos desde calquera zonadas Rías Baixas e a entrega de doazóns como apoio ao seu labor por parte de diversas empresas.

Desde os centros hospitalarios tamén se facía un chamamento á poboación para que cumprisen as normas establecidas polas autoridades sanitarias para evitar o incremento de  contagios e tamén se rexistraban mostras de cariño cara os pacientes do coronavirus.

As mostras de apoio trasladáronse tamén a heroes anónimosa profesionais que tiñan o reto de enfrontarse a diario ao perigo de infectarse nos supermercados, establecementos abertos ao público ou persoal que realizaba labores fundamentais de colaboración ou para garantir a salubridade colectiva como a recollida diaria do lixo. As forzas de seguridade e o exército tamén eran recoñecidos en diversas accións pola cidadanía polos seus traballos de control e de limpeza.

Aos poucos foron xurdindo redes solidarias para colaborar con aquelas persoas que se atopaban máis afectadas polos riscos diante das consecuencias da enfermidade, polas dificultades para moverse, polas limitacións para aprendizaxe ou polo peche dos seus negocios.

Desde os fogares eran continuas as publicacións de vídeos tentando animar á infancia, a estudantes, a persoal sanitario, a papás e mamás ou a docentes. Xurdiron persoas con iniciativas que se sumaban á plataforma Coronavirus Market para axudar, sobre todo a persoas maiores.

E persoas maiores como Lulú Vázquez que, ao cumprir 110 anos, recibía a felicitación da policía. Músicos novos, humoristas moi coñecidosdj's improvisados, influencers e pequenas artistas que ao berro de "Hola, don Pepito" facilitaban o día a día cos seus ofrecementos ou coas súas actuacións desde as súas casas.

Coa nova normalidade e a incorporación da máscara protectora ao quefacer diario xurdiron tamén diferentes particulares e empresas que as elaboraban e cedíanas a profesionais desde distintas comunidades

Creáronse instalacións para que persoas sen fogar estiveran protexidas, repartíronse kits de comida, cociñeiros do prestixio de Pepe Solla colaboraban co comedor de San Francisco, outros restaurantes realizaban chamamentos para axudar á xente da súa contorna e ofrecían comidas gratuítas a familias desfavorecidas.

A filantropía mantense nestas datas do Nadal co respaldo da poboación a iniciativas dos distintos Bancos de Alimentos, coa colaboración en campañas como a de agasallos para menores en situación desfavorecida a través de programas como EnVolve.

E así centos de propostas imposibles de enumerar que se seguen a suceder ao longo dos meses. 2021 chegará cargado de vacinas e a normalidade espérase que se asente coa esperanza de que a solidariedade tamén permaneza para apoiar a aquelas persoas que sigan precisando axuda.