Recollida "sen precedentes" do Banco de Alimentos
Por Redacción
Nos 25 anos de actividade da Fundación Provincial Banco de Alimentos nunca se conseguiu unha doazón de alimentos tan xenerosa como a desta pasada semana. Unha consecución que se produce ademais no momento máis complicado, por volume de demanda social, e polos condicionantes presenciais para realizar a doazón de alimentos.
Pendentes de engadir o cómputo procedente dalgunhas cadeas alimenticias, ata o momento na provincia de Pontevedra conseguíronse máis de 400.000 quilos de comida. A cifra é o resultante das doazóns económicas que se realizaron en supermercados durante a semana pasada, as achegas que se fixeron en liña a través da páxina web da Fundación Provincial, a web da Federación Española de Bancos de Alimentos e achegas por Bizum.
Con este resultado, desde a Fundación Provincial Banco de Alimentos agradecen publicamente a solidariedade cidadá: "sabiamos da súa xenerosidade, pero descoñeciamos que este ano 2020 aínda nos gardaba unha sorpresa marabillosa en forma de empatía coas persoas máis golpeadas pola actual crise”.
Nestas semanas irán chegando aos almacéns de Pontevedra e Vigo todos estes produtos básicos que se están adquirindo coas doazóns económicas. Estes produtos encherán a capacidade de ambos os almacéns - que se atopaban sen alimentos - ata a primavera. Distribuiranse na provincia entre 150 ONG.
Como referencia ilustrativa da situación, a Fundación Provincial recibía desde o inicio da pandemia un 40% máis de peticións de axuda. Durante a primeira metade do ano repartiu máis dun millón de quilos de alimentos cos que se puido cubrir o 35% das necesidades dos seus destinatarios.
Relacionadas:
-
O actor Pedro Alonso, "orgulloso" padriño do Banco de Alimentos para "reconectar con las cosas que importan"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O Banco de Alimentos distribúe 20 toneladas de produtos ao mes na comarca de Pontevedra
Por Redacción |
-
Comidas gratuítas para familias de Barro necesitadas, a iniciativa solidaria e comprometida do Furancho Eira de Arriba
Por Anxo Lourido |
-
Banco de Alimentos anuncia que a súa Gran Recollida será en formato online debido á pandemia
Por María José Pita |
-
Situación "precaria" no Banco de Alimentos: andeis baleiros, cada vez máis demanda e sen operación Quilo
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Benestar impulsa un convenio co Banco de Alimentos para atender o incremento de familias en situación de necesidade
Por Redacción |