Cando Praceres foi devorada polo fume negro

Pontevedra
02 de xaneiro 2016

O incendio da gasolineira de Praceres iniciado accidentalmente nun depósito de combustible foi un dos máis espectaculares sucesos de 2015. Outros incidentes como o do incendio dunha embarcación no porto de Sanxenxo deixando catro homes feridos ou a agresión a un mozo na rúa Laranxo de Pontevedra tamén contaron cun amplo seguimento por parte de milleiros de lectores durante estes doce meses 

Incendio na gasolineira de Praceres
Incendio na gasolineira de Praceres / Ángel Luis Godar

O mércores 4 de marzo quedará gravado na memoria dos veciños da parroquia pontevedresa de Praceres polo incendio orixinado na estación de servizo.

O lume iniciábase de maneira accidental nun xerador de corrente dun depósito de gasóleo e as lapas exténdorense a varios coches e a un camión cisterna provocando unha inmensa nube negra. Por sorte non se rexistraron vítimas personais, pero os danos materiais foron cuantiosos e os servizos de Emerxencias de Pontevedra e Marín tiveron que se mantener alerta durante numerosas horas.

A poucos metros dalí, o 9 de xaneiro un ciclista marinense de 47 años perdía a vida ao ser atropelado na PO-11, a "autovía" que une Pontevedra e Marín. En xullo, Fomento decidiu prohibir a circulación de peóns e ciclistas nesa estrada. Esta decisión foi criticada polos colectivos Masa Crítica Pontevedra e Pedaladas, ao entender que trasladarse pola estrada vella de Marín incrementa a inseguridade dos ciclistas.

En agosto, catro mozos resultaron feridos con lesións e queimaduras como consecuencia dun incendio nunha embarción en Sanxenxo. Un axente da Garda Civil de Tráfico, fóra de servizo, tivo que botarse á agua para rescatar un dos feridos

Ese mesmo mes, un vídeo convertíase en viral nas redes sociais. Uns veciños de Meis lanzaban un can de maneira brutal ao centro de acollida de animais empuxándoo por riba do valado. O can, Kruggy, foi apadriñado polo actor Dani Rovira mentres que os homes que lanzaran o animal sobreo valado presentáronse na Comandancia da Garda Civil de Cambados para confesarse como autores do abandono.

O domingo 15 de novembro,a familia pontevedresa do mozo Alberto Pardo Touceda pasaba do pranto á alegría. O Goberno notificara ao pai a morte do mozo no atentado de París. Pero, horas máis tarde, a familia comprobaba que Alberto Pardo estaba vivo e que todo se debía a un lamentable erro.

Outra imaxe escalofriante que nos deixa 2015 e que saíu nos informativos de ámbito nacional foi a agresión por parte dun grupo de mozas a un home na rúa Laranxo de Pontevedra. A brutalidade da agresión provocou que o vídeo se difundira de maneira masiva polas redes sociais. As agresoras foron investigadas tras o violento incidente.

Este vídeo, en todo caso, quedou en nada en comparación coa agresión que sufriu o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, na praza da Peregrina e que situou a PontevedraViva e á fotografía de Mónica Patxot nun elemento de referencia para os principais medios de comunicación tanto españois como internacionais.