Kruggy atopa un novo fogar tras ser 'apadriñado' por Dani Rovira
Por Redacción
Kruggy fíxose tristemente famoso o pasado 8 de agosto. Foi o día no que a protectora de animais que xestiona a asociación Os Palleiros en Pontevedra difundiu a través da súa páxina de Facebook un video que xerou unha ondada de indignación en todo o país. Nel, mostrábase como os seus anteriores donos o botaban violentamente por enriba do enreixado das instalacións da canceira pontevedresa.
Pero un mes despois a súa historia tivo un final feliz. Tras os coidados recibidos polos voluntarios da protectora, encontrou por fin un novo fogar.
Conseguiuno apenas unhas horas despois de que o popular actor Dani Rovira elixise a súa historia para protagonizar a súa estrea como colaborador de El hormiguero, programa que presenta Pablo Motos en Antena 3 e no que o malagueño participa dende este luns á fronte dunha sección, Amores perrunos, no que trata de dar unha segunda oportunidade a cans que sufriron malas experiencias no pasado.
Tras recordar as terribles imaxes do seu abandono e ser moi crítico coas persoas que o abandonaron, Dani Rovira e Pablo Motos deron entrada no estudio ao propio Kruggy, que acudiu a Madrid acompañada de Gloria, unha das súas coidadoras. Ela explicou que, o animal "agora mesmo é totalmente sociable, lévase ben con todos os cans e estamos a buscar a familia máis apropiada para el".
Dende O Palleiros quixeron dar as grazas á dirección do programa "por acollernos tan amablemente e darnos esta oportunidade" e aseguraron que Kruggy "se portou de marabilla, como un señorito". Tras saír en televisión a nivel nacional, "recibimos un aluvión de chamadas, mensaxes e correos electrónicos interesándose por el" e unha das persoas que se puxo en contacto con eles será a que lle dea un novo fogar a Kruggy.
Relacionadas:
-
Todos desexan ser Kruggy
-
Os Palleiros ilustra o seu calendario 2016 con selfies de familias e cans adoptados
Por Redacción |
-
Rescatado un cachorro dun colector de lixo en Caldas
Por Redacción |
-
Entregan 150 quilos de tapóns de plástico a Os Palleiros para as súas campañas solidarias
Por Redacción |
-
Dous veciños de Meis confesan ser os autores da agresión e abandono do can na Protectora de Pontevedra
Por Redacción |
-
Brutal lanzamento dun can sobre o valado da Protectora de Animais
Por Oskar Viéitez |