O convento de Santa Clara pecha as portas e ábrese a opción dun gran parque xunto a Barcelos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/4e6/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/59cabe808a-20170926-patxot-convento-santa-clara-711.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/3c5/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/59cabe879f-20170926-patxot-convento-santa-clara-006.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/96c/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/59db75e42e-22089212_10155256007783621_8852221579703785394_n.jpg)
© Ana Vicente
En setembro, o convento de clausura de Santa Clara pechaba as súas portas. A Orde de Santa Clara decidía trasladar a Santiago de Compostela ás tres monxas que residían no recinto. A avanzada idade de dúas delas levou á congregación relixiosa a tomar esta decisión. Un feito histórico, xa que o convento permanecía aberto desde o século XIII.
Este templo estaba unido á tradición das parellas que, antes de casar, doaban ovos para garantir bo tempo o día da voda. As monxas na súa marcha tamén levaron os obxectos de máis valor que se atopaban no recinto, que só mantén actividade no baixo dedicado á misión diocesana, xestionado polo Arcebispado de Santiago.
Estas instalacións contan cunha horta de 12.000 metros cadrados lindeira coa praza de Barcelos e o Concello de Pontevedra entende que ese espazo debe ser aproveitado pola cidadanía.
Por este motivo, o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores manifestou a súa intención de establecer un convenio coa orde relixiosa. O primeiro contacto con Sor Consuelo, a nai abadesas das clarisas en Santiago, xa se produciu a principios de decembro e está previsto un segundo encontro, tamén na capital galega, a mediados do mes de xaneiro de 2018.
A ese encontro acudirá a nai presidenta da Federación Bética das Irmás Pobres de Santa Clara, Sor María del Rosario Sánchez Muñoz, que é quen tratará co alcalde pontevedrés as posibilidades que se estudan para este amplo espazo situado no centro da cidade.