O PP móstrase satisfeito pola súa xestión "eficaz" de fondos europeos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
María Ramallo, como candidata do Partido Popular á reelección como alcaldesa de Marín, acompañada de Manuel Santos e Marian Sanmartin números 2 e 3 da súa candidatura, realizou un balance "moi positivo" da xestión de fondos europeos levada a cabo durante o seu mandato.
Os populares pretenden reflectir "o avance importante non soamente na xestión de fondos europeos, senón en ser capaces de executar en tempo e forma as axudas da zona urbana, que se executaron neste período,".
Segundo destacan no PP de Marín, o aval da xestión económica axudou a poder afrontar estas contas, a adiantar o diñeiro, a xestionar operacións de tesouraría que facilitaron o cobramento de ata o 80% dos fondos executados.
A partir de aí entenden que os fondos comprometidos tanto en materia de auga e de saneamento "constitúen un importante impulso de cara a mellorar as infraestruturas básicas, que aínda que moitas veces son menos lucidas e non se ven, pero axudan a xerar unha convivencia ambientalmente máis sostible".
Un balance positivo, segundo indicou a candidata á reelección, e tamén unha "aposta de cara ao futuro que conseguirá dar un paso máis na constante mellora dos servizos esenciais entre parroquias, na zona urbana e na mellora da calidade ambiental e acordes cos fondos para os que Europa segue apostando por cofinancialos.