O BNG de Marín tamén aposta por unha nave de deportes náuticos e promete máis apoio aos clubs
Por Redacción
Ao fío das propostas que, en materia deportiva, anunciou María Ramallo esta fin de semana, o BNG-Asembleas Abertas asegura que aos populares, en plena campaña electoral, "enchéselle a boca dicindo que van facer cousas que nestes catro anos, a pesar das promesas, non fixeron". Afirman que coa súa proposta estrela, a nave de deportes náuticos no paseo marítimo, levan moito tempo "toreando aos clubs de remo e piragüismo".
Fronte a unas promesas que, para Alfonso Fernández -número 3 da candidatura- "demostran pouca seriedade, o BNG reitera que eles apostan desde hai tempo por facer unha nave de deportes náuticos na que ademais do remo e o piragüismo, terán cabida a vela, a pesca deportiva e unha aula de usos múltiples na que se farán actos de todas as asociacións marinenses.
Ademais, os nacionalistas denuncian que os últimos catro anos, o goberno municipal non cumpriu cos compromisos adquiridos cos equipos do municipio polas subvencións deportivas, xa que "se convocaban e nunca se cumpría dentro do prazo establecido para recibilas".
"O mesmo sucede coa realización de eventos deportivos que este grupo de goberno estivo moi interesado en promover pero que á hora do pago sempre había dificultades e despois a cousa alongábase durante meses", engade Fernández.
Desde o BNG, adiantan que se acceden á Alcaldía sacarán unha liña de subvencións en material inventariable "na que cada ano iremos axudando a algúns dos clubs da vila na consecución deste apartado", conclúe o candidato nacionalista.
Relacionadas:
-
O PP propón construír unha nave para deportes náuticos no paseo marítimo e un polideportivo en Seixo
Por Redacción |
-
2.000 sinaturas piden o uso náutico-deportivo da nave almacén do Porto
Por Redacción |
-
O Bloque proporá ao pleno que se desafecte unha nave do porto para uso deportivo
Por Redacción |