Sabes cantas mulleres se chaman Peregrina en Pontevedra?
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
En Pontevedra hai 65 mulleres co nome de pila de Peregrina, segundo os datos do censo de poboación anual ao 1 de xaneiro de 2023.
En Poio son 72 as mulleres que se chaman Peregrina, e en Vigo son 57, en Sanxenxo 32 e en Marín 16. En toda a provincia son 356.
Podería pensarse que este nome pode ser máis popular en Santiago de Compostela, por aquilo de ser a cidade do apóstolo, pero na capital de Galicia só hai 27 mulleres así chamadas, o que non é un mal dato tendo en conta que en toda a provincia da Coruña son 168 as ‘Peregrinas’, fronte ás 12 en todo Ourense. En Lugo non hai ninguén así chamado.
Unha proba de que o nome de Peregrina deixou de estar de moda é que a media de idade das mulleres así bautizadas están nos 72 anos. Isto sucede con case todos os nomees tradicións que se esborrallan desde 1930 ata desaparecer case de entre a lista dos 30 máis populares.
O Instituto Galego de Estatística (IGE) publicou un informe cos ‘Nomes e apelidos da poboación’, que recolle en cifras os nomes máis usados polos galegos para as súas fillas e os seus fillos.
María e José eran os nomes máis empregados antes de 1930 segundo a estatística do IGE. Sofía, Noa e Martina, no caso das nenas encabezan a táboa en está década, que arrinca en 2020 mentres que no caso dos nenos a lista sitúa a Mateo, Martín e Hugo.
Para atopar o nome de María agora hai que baixar ata o posto número 28 da listaxe mentres que José está fóra dos 30 nomes máis empregados en Galicia desde hai xa 23 anos.