O CAB Pontevedra organiza un clinic de Nadal de baloncesto
Por Redacción
A actividade deportiva non para polo Nadal, e por iso o Club Amigos do Baloncesto CAB Pontevedra preparou unha xornada especial para o día 30 de decembro.
Trátase dun clinic de Nadal que se desenvolverá no pavillón do IES Frei Martín Sarmiento.
A formación contará ademais con dous nomes destacados, os de Víctor Pérez e Manu Santos.
O primeiro deles, adestrador axudante no Obradoiro CAB e campión do mundo sub-19, será o encargado de abrir o clinic primeiro falando sobre os contraataques (10.00 horas) e despois charlando sobre aspectos defensivos da Selección Española Sub-19 (12.00 horas).
Xa pola tarde, ás 16.00 horas, será a quenda de Manu Santos, adestrador do CLB Vilagarcía e que impartirá unha formación sobre a progresión metodolóxica na forma de adestrar.
As inscricións teñen un custo de 5 euros e poden formalizarse a través do correo electrónico coordinacioncabpontevedra@gmail.com.