Empate insuficiente para o Villalonga ante o Ourense B (2-2)
Por Redacción
O Villalonga afástase dos primeiros postos despois de deixar escapar dous puntos en San Pedro ante o Ourense B.
Os celestes lograron poñerse 2-0 no marcador grazas aos goles de Saúl e Machu, pero o conxunto visitante aproveitou as súas ocasións no último cuarto de hora para lograr a igualada.
Con este resultado, o Villalonga cae á oitava praza, a tres puntos do terceiro clasificado pero a oito dos postos de ascenso.
VILLALONGA FC (2): Albor, Leo, Cristóbal (Giao, min.88), Barba, Jorge Fernández, Saúl (Caamaño, min.74), Machu, Alberto, Adrián, Santos, Arias, Antonio.
CD OURENSE B (2): Aarón, Iago, Adrián (Novoa, min.58), Álex, Pablo, Gabriel, Esteban (Víctor, min.67), Ocampo (Rubén García, min.66), Presas (Abelardo, min.73) Dani, Carlos (Omar, min.80).
Árbitro: Mosquera Goce (Vigo). Amoestou a Cristóbal e Barba nos locais e a Aarón, Gabriel e Novoa nos visitantes.
Goles: 1-0 Saúl, min.42; 2-0 Machu, min.57; 2-1 Dani, min.75; 2-2 Novoa, min.88.
Incidencias: Partido disputado no campo de San Pedro, Vilalonga.