No desconto o Pontevedra B consegue dobregar (1-2) ao Valladares
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Importante vitoria do Pontevedra B a domicilio fronte a un rival directo como o Valladares, ao que ademais gaña o golaverage parcial, xa que no partido da primeira volta disputado na Xunqueira os vigueses conseguiran empatar a un tanto.
Os de Blas Charlín tiveron que esperar ata os minutos de desconto para conseguir os tres puntos grazas a un gol de Pedro, rematando no segundo pau unha falta lateral lanzada por Félix que peiteou Collazo, cando todo facía indicar que o partido ía rematar cunha nova igualada entre ambos os dous conxuntos.
Antes os granates, que se puxeran por diante ao pouco de comezar, cun tanto de Víctor, souberon contrarrestar o xogo directo do equipo local, nun campo de reducidas dimensións, cun bo posicionamento táctico, tratando de explotar as bandas para crear perigo, pero sen conseguir traducir o seu mellor xogo nun novo gol que sentenciase o resultado.
Os locais empatarían na segunda parte, nunha acción tras un saque de banda en longo, que aproveitou ÿscar, pero o gol de Pedro faría xustiza ao mellor xogo do filial pontevedrés.
CD VALLADARES (1): Denís; Cristian, Suso, Calao (Manu, min. 58), ÿscar, Miguel, Michi (Ramilo, min. 80), Marcos, Ero (Nacho, min. 79), Tomás e Camella (Cacho, min. 58).
PONTEVEDRA B (2): Adrián; Puyi, Uru, Marou, Dani Adán, Emilio, Paco (Pedro, min. 86), Héctor, Collazo, Ismael (Cuesta, min. 81) e Víctor (Félix, min. 79).
Árbitro: Méndez Castro (A Coruña), auxiliado nas bandas por Pérez Rellán e García Gómez. Amoestou a Cristian, Suso, Ero e Camella, polo Valladares, e a Marou, Emilio, Collazo e Pedro, polo conxunto granate.
Goles: (0-1) Minuto 3: Víctor. (1-1) Minuto 61: ÿscar. (1-2) Minuto 82: Pedro.
Incidencias: Campo da Gándara (Valladares-Vigo). Uns 100 espectadores.