Importante triunfo do Cisne en Cangas ante o Luceros (24-30)
Por Redacción
O Cisne consolídase na sexta praza da clasificación do Grupo A da Primeira Nacional de balonmán tras impoñerse con claridade na cancha do segundo clasificado, o Luceros de Cangas (24-30).
Salvo os primeiros 15 minutos, de igualdade entre ambos os dous equipos, os pontevedreses dominaron o encontro e levaron a pauta no electrónico con vantaxes que oscilaron entre os dous e os catro goles.
Tras o descanso os locais reaccionaron e chegaron a igualar o electrónico (21-21), pero nese momento o Cisne volveu poñer unha marcha máis para asegurarse dous importantes puntos.
Rafa Dasilva, con nove goles, foi o máximo goleador do encontro.
LUCEROS (24): Anxo Dopazo, Acuña, Menduíña (5), Iván Amarelle (3), Barreiro (2), Camiña (5), Joel, Lagoa, Molanes, Iglesias, Krook (3), Soage, Pumar, Veloso (6).
CISNE BM (30): Novas, Gestido, Alberto López (3), Iván Abilleira, Chan (2), Pablo Rey (5), Andrés Sánchez (3), Rafa Dasilva (9), Picallo (1), Edu Alonso, Vázquez (4), Carlos Rodríguez (3), Iago.
Árbitros: Quintanar Manzano e Millán Cazorla. Excluíron a Iglesias, Krook, Pumar e Veloso nos locais e a Alberto López, Iván Abilleira (2), Chan, Dasilva e Carlos Rodríguez no Cisne.
Parciais: 2-2, 5-4, 7-9, 8-12, 10-14, 14-16, descanso, 15-18, 18-19, 21-21, 23-25, 24-27, 24-30.
Incidencias: Partido disputado no pavillón do Gatañal de Cangas.