Rival directo para o Poio FS no inicio da segunda volta
Por Redacción
Máis que tres puntos en xogo para o Poio Fútbol Sala ante a visita á Seca do seu inmediato perseguidor en liga, o FSF Móstoles (sábado 18:30 horas).
O encontro, primeiro da segunda volta, é o segundo consecutivo na casa das rojillas, que en caso de gañar poderían abrir un importante oco cos postos de descenso e afrontar con maior tranquilidade a parte final do campionato.
Marcio Santos preparou o choque durante a semana con todo o plantel ao completo, ademais das xogadoras do filial Paulita, Tania e Nere, que compaxinaron as sesións entre o primeiro equipo e o filial de liga galega.