O Teucro busca o primeiro triunfo do ano ante o MMT Seguros Zamora
Por Diego Espiño
Primeiro partido do ano como local para unha Sociedad Deportiva Teucro que, tras dúas derrotas consecutivas a domicilio, busca estrearse en 2014 aproveitando a visita do MMT Seguros Zamora (sábado 20:00 horas).
Os azuis, que contan coas baixas de Juan Bar e David Chapela, recuperan para o encontro a Carlos García, tras a súa ausencia en Pozoblanco.
O extremo asegura ter aínda dor pero "las sensaciones son buenas, voy a jugar sí o sí" nun choque no que "necesitamos volver a la senda de la victoria".
Non será tarefa sinxela para os de Javier Barrios, que terán en fronte a unha das revelacións da tempada, un Zamora que se encontra en praza de play-off de ascenso e que "son un equipo peleón, que varía mucho su defensa y lo pone muy difícil", según Carlos García.
Outras das novidades do partido podería ser a participación de Cesar Armán como central, axudando a García Pichel nese labor tras a lesión de Chapela nun posto no que "ya tenía experiencia" e no que "nos va a ayudar mucho", recoñece o seu compañeiro.
No bando visitante o grande ausente será o extremo zurdo Carlos Prieto "Carletes", que se recupera dunha leve operación cirúrxica.
Os colexiados do encontro será a parella composta polos galegos Pérez Outeda e Pérez Domínguez.