Paula Goyanes e Nuria Erselle, representantes do Galaico no Nacional Infantil e Júnior
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Club Natación Galaico estará representado por dúas das súas nadadoras no Campionato de España Infantil e Júnior por comunidades autónomas que se celebra esta fin de semana, 1 e 2 de febreiro, en Madrid.
Nuria Erselle e Paula Goyanes foron incluídos na convocatoria da Selección Galega para a cita, na que nadarán diferentes probas.
Así Paula disputará os 100 e 200 costas, os 200 bolboreta e os 200 estilos na categoría júnior, mentres Nuria nadará os 100 e 200 costas, os 200 libres e os 400 estilos en categoría infantil.