Yago Iglesias: "Na primeira parte faltounos esa fluidez para ese último pase que si apareceu ao final"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
O Pontevedra Club de Fútbol vai derrubando barreiras semana a semana e xa van catro triunfos consecutivos mantendo a portería a cero. "Golear cada fin de semana non é nada fácil", lembrou Yago Iglesias na rolda de prensa despois do partido ante o Oviedo, que co de Pasarón é o primeiro partido que perden esta tempada. "Hoxe custounos máis do normal", admitiu o técnico, "é un rival diferente ao que nos enfrontabamos con anterioridade".
Para o adestrador granate a clave do encontro foron os cambios, que revolucionaron por completo a recta final propiciando a sentenza e con iso unha nova goleada por 3-0. "É dos partidos que máis preto estivemos en área rival e a pesar de que as tivemos non puidemos materializar. Na primeira parte faltounos esa fluidez para ese último pase que si apareceu ao final", recoñece.
E aínda que o fútbol é un deporte colectivo, considera que os goles de Charly, Jaichenco e Samu Mayo "vai liberar de fronte ao futuro" ao sumarse dous deles como goleadores coa camiseta granate nun partido no que "o volume ofensivo foi noso".
Iglesias admite que o equipo segue mellorando cada día e semana a semana mostra novos rexistros. Aínda así, prefire rebaixar "o ruído que houbo ao redor do equipo", porque "para ben ou para mal queremos que continúe" transmitindo aos seus xogadores, iso si, "que a vida segue e hai outros retos" cos que "crecer como equipo"
Relacionadas:
-
Álex González e Dalisson estrean este curso as visitas escolares do Pontevedra
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Avilés-Pontevedra, un duelo con historia
Por Diego Espiño |
-
Yelko Pino e o bo momento do Pontevedra: "Isto non é nada fácil, non vai ser a realidade de todo o ano"
Por Diego Espiño |
-
Aumentar a asistencia a Pasarón, tarefa pendente do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O gol é cousa de todos no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Triunfo de oficio do Pontevedra para colocarse a dous puntos do liderado (3-0)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |