Bágoas, moito agarimo e un terceiro posto na última carreira de Pablo Dapena como triatleta profesional
Por Almu Dapena
"Toda etapa ten un final". Esas foron as palabras de Pablo Dapena despois de finalizar a súa última carreira como triatleta profesional este domingo en Ibiza Half Triathlon, proba internacional puntuable para o circuíto da Professional Triathletes Organization (PTO) e que ademais supoñía a proba final da Copa de España de Tríatlon de Media e Longa Distancia.
O pontevedrés foi un dos protagonistas da carreira, que encheu a illa dun auténtico espectáculo deportivo, bo ambiente e, por suposto, agarimo cara a el.
A carreira comezou ben cedo, ao redor das 8:00 horas cos 2.000 metros de natación, con saída e chegada ao Paseo Marítimo de ses Figueretes. Foi o alemán Ilhem Hirsch o que impuxo o seu dominio saíndo primeiro en saíu da auga cun tempo de 24:09, aínda que moi de preto, a tan só 3 segundos, dun trío con Guillem Vermellas, Pablo Dapena e Emilio Aguayo.
Tocaban os 90 quilómetros de ciclismo, nos que o alemán seguiu impoñendo o seu ritmo e poñendo terra polo medio, chegando á T2 cunha vantaxe de case cinco minutos sobre o seu inmediato perseguidor, o seu compatriota Niklas Ludwig, que se escapou nos 12 quilómetros finais dun grupo no que estaban os españois Dapena e Zorrilla, a 6:33.
Na carreira a pé, Hirsch seguiu ao seu e ninguén puido darlle caza, cruzando a liña de meta cun tempo de 3 horas, 48 minutos e 28 segundos. Segundo foi o aragonés Fernando Zorrilla, que entrou a 5:01 despois de deixar ao pontevedrés a tres quilómetros do final.
Finalmente, Pablo Dapena cruzou a liña entre bágoas en terceira posición, poñendo desta forma o broche de ouro á súa carreira deportiva.
Nos regaló momentos increíbles durante muchos años pero hoy nos dejó sin palabras. Gracias por tanto @pablitopiny pic.twitter.com/z2zYocyRm8
— Triatletas en Red (@TriatletasenRed) October 22, 2023
Relacionadas:
-
Pablo Dapena finaliza no posto 17 o Challenge de Mallorca
Por Almu Dapena |
-
Pablo Dapena anuncia a súa retirada: "Motivo só hai un e o máis importante, pasar máis tempo coa miña familia"
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena volve á competición cun sexto posto no IM 70.3 Knokke-Heist: "Non foi sinxelo este camiño"
Por Diego Espiño |