O Marín Futsal regala un punto ao Alcantarilla (2-2)
Por Redacción
O Marín Futsal regalou un punto ao Alcantarilla este sábado, desaproveitando os dous goles de vantaxe que conseguiu na primeira metade por medio de Carolina e Mayara. Ao fío do descanso Lydia González reduciu distancias e a falta de cinco minutos para a conclusión Elisabet Carrasco asinou o empate.
Nada máis comezar o encontro puxo de fronte o partido para as marinenses, que tras unha dobre ocasión de equipo local, púxose por diante. Non pasaran nin 30 segundos e tras unha boa combinación, Carolina, desde a esquerda, bateu por baixo á gardameta local para facer o 0-1.
Quíxose repoñer tras o golpe o Alcantarilla, pero o Marín fixo os deberes en defensa e aguantou cada chegada do rival. Ademais, no minuto sete o colexiado pitaba unha falta a favor do equipo adestrado por Ramiro Díaz e Mayara, de disparo directo, superaba a barreira e subía o 0-2 ao marcador.
Tentaron as visitantes ampliar a súa renda, pero a falta de pouco máis de tres minutos para o descanso, Lydia fíxose co esférico despois de dar na madeira e a porta baleira marcou o 1-2 co que se alcanzou o intermedio.
Despois do paso polos vestiarios o Marín perdoou en cada chegada a portería local e foi incapaz de aumentar a renda. O equipo murciano, pola súa banda, xogou mellor as súas cartas e aproveitou un erro nunha saída de balón. Elisabet interceptou o pase, fixo unha parede con Lydia, quedou soa diante de Patri Arruti para anotar o 2-2 e rescatar un punto.
Relacionadas:
-
Empate contra o FSF Castro dun Marín Futsal que non termina de carburar (3-3)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Poio Pescamar e Marín Futsal, a recuperarse da eliminación na Copa da Raíña
Por Redacción |
-
Derrota do Marín Futsal fronte o Les Corts para dicir adeus á Copa da Raíña (1-3)
Por Redacción |
-
O Marín Futsal sálvase dunha maior goleada contra o Alcorcón (4-1)
Por Redacción |
-
O Marín Futsal visita o Alcorcón e derbi na Seca entre Poio Pescamar e Ourense Envialia
Por Redacción |
-
A solvencia defensiva, un reto para o Marín Futsal en Murcia, e proba de nivel para o Poio Pescamar recibindo o líder Alcorcón
Por Redacción |
-
Sorteadas as semifinais da Copa Galicia, cun novo duelo entre Poio Pescamar e Burela
Por Redacción |
-
Derrota do Marín Futsal ante un Torreblanca Melilla moi superior (1-5)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
Pelexado triunfo do Marín Futsal fronte ao Rodiles asturiano na Copa da Raíña (5-8)
Por Redacción |