O Teucro lanza a súa campaña de socios para a segunda volta
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A poucos días de que a Sociedade Deportiva Teucro reciba ao MMT Seguros Zamora no Pavillón Municipal dos Deportes (sábado 20:00 horas) no seu primeiro partido como local da segunda volta, o club azul fixo públicos os prezos da súa campaña de abonados para o tramo final da tempada.
Co lema "faite socio do Teucro, emociónate" a entidade lerezana busca animar os seus simpatizantes nunha liga na que están "a pelexar dende o principio por un posto para a fase de ascenso a Asobal ou mesmo para o ascenso directo", segundo sinala o comunicado teucrista.
O desconto para todos os que decidan retirar o carné de socio para a metade da tempada será do 50%.
Así os prezos son de: 150 euros en categoría Protector, 100 en Familiar, 55 para os Sénior, 50 para Peñas, 30 Bonificado, 25 Estudantes, 15 Xuvenil e 8 Infantil.
Os interesados poden acudir ás oficinas do club, no Pavillón Municipal dos Deportes, ou chamar ao teléfono 986 851 696.