O Arosa - Granada de Copa do Rei disputarase o 2 de novembro na Lomba
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Real Federación Española de Fútbol xa anunciou os horarios dos 55 partidos da primeira eliminatoria da Copa do Rei, que se disputará os días días 31 de outubro, 1 e 2 de novembro.
No caso do Arosa, recibirá ao Granada CF de Primeira División o xoves 2 de novembro, na Lomba, ás 19:00 horas, segundo confirmou a Federación.
Para a cita, o club arlequinado habilitou desde este venres ata o día 26 a venda de entradas para os abonados, cuxos prezos son de 15 euros para a bancada de Tribuna e 10 euros para Preferencia. Os socios sub-12 ou de categoría especial, así como os menores de 6 anos, terán acceso gratuíto pero sendo necesario retirar entrada.
En canto ao prezo para o público xeral, a venda comezará o 26 de outubro e os prezos dos tickets fixáronse en 30 euros en Tribuna, 20 euros en Preferencia e 15 euros nos fondos.
O horario de venda será de 17.00 a 21.00 horas de luns a venres e de 11.00 a 13.00 horas os sábados.
Relacionadas:
-
O Granada deféndese cualificando de "correcta" a aliñación do seu porteiro contra o Arosa
Por Diego Espiño |
-
Honra arosista na Copa do Rei fronte a un Granada ameazado por unha posible aliñación indebida (0-3)
Por Diego Espiño |
-
Ilusión desbordada no Arosa ante a visita do Granada na Copa: "Imos tratar de poñelos contra as cordas"
Por Diego Espiño |
-
Un dos árbitros con maior experiencia en Primeira para o partido de Copa do Rei do Arosa
Por Redacción |
-
Caso Barroso no Arosa: Non se presenta ao adestramento descontento coa súa falta de minutos
Por Redacción |
-
O partido de Copa do Rei entre Arosa e Granada, coas cámaras de Movistar +
Por Redacción |
-
Meritorio punto do Arosa contra o Silva (0-0)
Por Redacción |
-
O Arosa activa a venda de entradas para o partido de Copa do Rei fronte ao Granada
Por Redacción |
-
Un Primeira División para o regreso do Arosa á Copa do Rei
Por Redacción |