Nadia Zoltikova, concentrada coa selección nacional de loita para preparar o arranque de tempada
Por Redacción
A nova promesa da loita pontevedresa, Nadia Zoltikova (Club de Loita Pontevedra), participa ata o vindeiro domingo nunha concentración organizada polas Federacións Galega e Española de Loitas Olímpicas e D.A.
O lugar elixido para realizar esta actividade foi o Complexo Natural CEMAR de Mondariz, onde un total de 45 deportistas procedentes de 11 Comunidades Autónomas convivirán con referentes da loita nacional para formarse en seis sesións específicas de adestramento e tamén participar en actividades máis lúdicas escapando do tapiz de loita.
Para esta concentración, contan coa presenza da pontevedresa Lydia Pérez, mellor deportista da selección absoluta feminina cun bronce nos Xogos do Meditarráneo e campioa dos Xogos do Mediterráneo de Loita Praia; Ángeles Álvarez, técnica galega e adestradora do Club San Ignacio de Vigo); Teresa Méndez, seleccionadora nacional das categorías base; Rubén Méndez, técnico galego e técnico nacional de apoio); Marcos Miragay, seleccionador nacional Sub-15; e Pablo Pintos, seleccionador nacional Sub-20 e Sub-23 de Libre Olímpica.
Entre as participantes desta concentración estarán as galegas Zoltikova; Clara Corrochano (Club de Loita Lugo); Nela Sebio e África García (Club de Loita Keltoi de Vila de Cruces); Ana Ferro (Club Senín de Cambados); e Luciana Medina e Noelia Divos (Club San Ignacio de Vigo).
Este evento afianza o crecemento da loita galega a nivel nacional, deporte que ademais serve como ferramenta educativa, socializadora, inclusiva e referente educativo como medio de transmisión de valores, algo que hai uns anos brillaba pola súa ausencia.
Relacionadas:
-
O Europeo U15, próximo reto de Nadiia Zoltikova
Por Redacción |
-
Lydia Pérez cárgase de moral para o Europeo cunha prata no Flatz Open de Austria
Por Redacción |
-
Destacado papel do Club Loita Pontevedra na Copa Maider Unda
Por Redacción |
-
A brasileira Lais Nunes corta as ás a Lydia Pérez no Mundial de Loita
Por Diego Espiño |
-
Lydia Pérez triunfa nos Xogos do Mediterráneo de loita praia
Por Redacción |
-
Nadia Zoltikova despídese en oitavos de final do europeo de loitas olímpicas
Por Redacción |
-
Nadia Zoltikova, a nova promesa da loita pontevedresa que se púe no CGTD
Por Manu Otero |
-
Lydia Pérez revalida o seu título de campioa de España de loita
Por Diego Espiño |