Derrota do Arxil na súa estrea ligueira ante o Miralvalle (54-62)
Por Redacción & Cristina Saiz
Derrota dolorosa do Club Baloncesto Arxil na estrea da nova tempada de Liga Feminina 2 no CGTD de Pontevedra. O cadro adestrado por Maite Méndez foi de menos a máis ante o Miralvalle pero terminou caendo no tempo de prolongación.
Foi o cadro visitante o que levou a batuta do encontro, con pequenas diferenzas no marcador que alcanzaron os dez puntos ao descanso (19-29).
Despois do paso polos vestiarios o Arxil corrixiu os pequenos erros para aro que lle condenaban nos dous primeiros cuartos para, aos poucos ir mellorando a porcentaxe anotadora.
Marta Fernández botouse ao equipo ás costas (23 puntos) para, xunto a Forster (13 puntos), revivir e chegar mesmo a voltear o resultado a falta de pouco máis de dous minutos para a conclusión (49-47). Con todo, cando quedaban tan só tres segundos, o Miralvalle xogoullo todo con Horford, que subiu dous puntos máis ao marcador cos que asinou o empate.
Entrou o encontro así nos cinco minutos de prolongación nos que o conxunto visitante volveu converter nunha ameaza e retomou o control do encontro para facerse co triunfo final por 54-62.
Consulta as estatísticas nesta ligazón