O Arxil queda a un paso da proeza ante o Al-Qázeres (75-73)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Este Arxil xa non se achica ante nada. Coa confianza polas nubes as de Mayte Méndez atuaron un dos colíderes da competición, o Al-Qázeres, na súa propia cancha (75-73).
Só un desastroso terceiro cuarto (29-9) impediu o triunfo das verdes, que a pesar de todo tiveron opcións para lograr a remontada a final do partido.
Antes o Arxil arrancara mandando grazas a un bo primeiro parcial (20-28) que lle permitiu manterse por diante ata o descanso (37-44).
Nese momento chegou o baixón das pontevedresas, que lles custou un partido que a pesar de todo carga de optimismo ás verdes para afrontar con optimismo os dous próximos partidos ante os outros colíderes, Universitario de Ferrol e Ensino.
Coa derrota o equipo lerezano sitúase na sexta posición da Liga Feminina 2.
CB AL-QÁZERES (75): Salgado (5), Verónica Sánchez (22), Ramos (9), Samba (2), Taylor (20) -cinco inicial- Tatiana (6), Benet (11), Corrales.
CB ARXIL (73): María Centeno (15), Ana Martín (4), Carla Fernández (1), María Lago (23), Minata Keita (24) -cinco inicial- Andrea, Jara Tuda (3), Cristina, Sandra (3).
Árbitros: Bey Silva e Martín Granados. Sen eliminadas.
Parciais: 20-28, 17-16, 29-9, 9-20.
Incidencias: Partido disputado no pavillón Juan Serrano Macayo de Cáceres.