Derrota inapelable do Peixe Galego en Cáceres (84-63)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Peixe Galego acusou en exceso as baixas de Al Rapier e Luis González en Cáceres e rematou encaixando unha derrota incostestable (84-63).
Os de Marín non lograron competir en igualdade de condicións cun equipo estremeño que marcou distancia dende o primeiro cuarto, que finalizou cun claro 22-13.
O resultado repetiuse no segundo cuarto e foi calcado case no terceiro, para deixar sen opcións a un Peixe Galego que só puido maquillar o resultado no período definitivo.
A pesar da derrota os de Javi Llorente mantéñense no oitavo lugar da clasificación.
CÁCERES PATRIMONIO HUMANIDAD (84): Marco (10), Blair (9), Montañana (10), Ruiz (3), Parejo (14) -cinco inicial- Aldana (20), Muriel (4) Bayle (2), Carter, Kasse (12).
MARÍN PEIXE GALEGO (63): Manu Ferreiro (13), Dirugeris (9), Lucho Fernández (12), Aramburu (9), Albert Homs (2) -cinco inicial- Darío Suárez (4), Gregorio Adón (4), Cedric belemene (10).
Árbitros: Palomo Cañas e Villanueva Tena. Sen eliminados.
Parciais: 22-13, 22-13, 24-10, 16-27.
Incidencias: Partido disputado no Multiusos Ciudad de Cáceres.