Importante triunfo do Xuven ante o CB Prat (74-66)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Apoiado no Pombal o Xuven recuperou a confianza cunha importante vitoria ante o CB Prat (74-66).
Os amarelos impuxeron o seu ritmo dende o inicio do encontro para marchar pronto no electrónico (15-8 ao final do primeiro cuarto), pero a pesar de que os de Yago Casal sempre foron por diante o filial do Joventut de Badalona da Liga ACB non lle perdeu a cara ao encontro.
Así, os cataláns metéronse no partido no tramo final do último cuarto, momento no que os de Cambados tiraron de experiencia para sentenciar o triunfo.
ÿ a sexta vitoria da tempada para os amarelos, que volven tras varias xornadas aos postos de play-off, un noveno lugar que permite afastar ademais as pantasmas dos últimos postos da clasificación.
XUVENTUDE CAMBADOS (74): Orellano (6), Alberto Rodríguez (17), Norman Rey (16), José Luis Merino (1), Taylor García (11) -cinco inicial- Mamadou Diop (5), Ánder García (5), Vaquero (7), Wildner (6), Oubiña.
CB PRAT (66): Ros (13), Iriarte (2), Serrano (13), Sans (2), Caven (14) -cinco inicial- Aboubacar, Abalde (8), Vilanova (8), Guallar, Gomila, Nogués (6), Nikolic.
Árbitros: González Zumajo e Padrós Feliu. Eliminado por faltas Sans nos visitantes.
Parciais: 15-8, 18-12, 25-21, 16-25.
Incidencias: Partido disputado no pavillón do Pombal de Cambados.