O Teucro queda sen gasolina na segunda metade e cae con claridade en Pozoblanco (28-24)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Segunda derrota do ano para a Sociedad Deportiva Teucro no seu segundo partido consecutivo a domicilio, esta vez na cancha do Balonmano Pozoblanco (28-24).
Os azuis botaron en falta as importantes baixas de Juan Bar, Carlos García e Chapela e caeron con claridade na pista cordobesa nun encontro con dúas partes moi diferenciadas.
No primeiro acto o equipo pontevedrés saíu arroiador cun 1-4 de saída e a pesar da reacción local, chegando a empatar o encontro aos 12 minutos, os de Javier Barrios marcaron a pauta grazas en boa medida ao acerto da primeira liña, que permitía aos lerezanos irse aos vestiarios cunha renda de dous goles (12-14).
Sen embargo todo cambiou na reanudación, cun Pozoblanco que axiña puxo a igualada no electrónico (14-14) ante un Teucro que comezaba a desfalecer.
A partir dese momento os locais empezaron a mandar e pouco a pouco foron ampliando a súa renda ante o esforzo dos azuis para seguir no partido.
Ao final clara derrota que saca aos pontevedreses por primeira vez na tempada dos postos de play-off, aínda a tiro de pedra nunha igualada División de Honra Prata que acaba de comezar a súa segunda volta de competición.
CB POZOBLANCO (28): Federico Sincich, Julián Portero (3), Requena (3, 1p), Povedano (4), Del Castillo (3), Paco Bustos (2), Ortega -siete inicial- Santamaría (4), Casado (6, 1 p), Ruíz (3), Mathieu, Víctor González.
SD TEUCRO (24): Cadilla, Pichel (9, 1p), Porto (2), Moreira (3), Víctor Rodríguez (7, 3p), Armán (2), Sío (1) -siete inicial- Dorado, Borja Pedreira, Carlos Pombo, Álex Pombo, Iván Fernández, Héctor Gil.
Árbitros: Francisco e José Molina Baena (Andalucía). Excluíron a Ruíz, Povedano, Julián Portero (2) e Casado nos locais e Borja Pedreira, Álex Pombo e Javier Barrios no Teucro.
Parciais: 1-4, 5-6, 6-8, 8-10, 11-12, 12-14, descanso, 15-15, 17-16, 21-18, 23-19, 23-20, 28-24.
Incidencias: Partido disputado no Pabellón Juan Sepúlveda de Pozoblanco.