Festa en Marín para presentar o novo curso das escolas deportivas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Alameda e o Parque Eguren enchéronse de actividade deportiva cunha gran festa que serviu para presentar o novo curso de todas as escolas deportivas municipais.
Os responsables das escolas explicaron a nenos e maiores os detalles das súas respectivas ofertas, animándolles a sumarse ás súas respectivas escolas.
As novidades deste curso escolar son a recuperación das escolas de tenis de mesa, hip hop e patinaxe, así como a incorporación dunha nova disciplina, o kick boxing.
O resto das escolas son: atletismo, tríatlon, baloncesto, fútbol, ximnasia, ciclismo BTT, remo, piragüismo, taekwondo, padel, tenis, vela, judo, ximnasia rítmica, fútbol sala, bádminton, boxeo, natación, voleibol, waterpolo, pádel surf e salvamento deportivo.
O prezo de participación seguirá sen cambios, sendo a razón de 50 euros, abonados directamente ás entidades organizadoras e cuxo xustificante de ingreso deberá ser entregado á entidade organizadora xunto co modelo de inscrición.
Pistoletazo de saída en Marín para o novo curso das escolas deportivas
A Alameda e o Parque Eguren enchéronse de actividade deportiva cunha gran festa que serviu para presentar o novo curso de todas as escolas deportivas municipais. Os responsables das escolas explicaron a nenos e maiores os detalles das súas respectivas ofertas
© Concello de Marín