![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/53472678272d0-20140111_dt_cortegadavsarxil2.jpg)
© Diego Torrado
Cáceres, territorio prohibido para o Arxil no peche da primeira volta
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Empeza a etapa raíña para o Club Baloncesto Arxil, coincidindo coas últimas xornada da primeira volta na Liga Feminina Dous e o inicio da segunda.
Nesta fase da competición as verdes xogarán de xeito consecutivo cos tres equipos que comandan a clasificación: Al-Qázeres, Universitario de Ferrol e Ensino).
Primeiro as pontevedresas visitan este sábado a cancha do Al-Qázeres (18:00 horas), un lugar no que nunca gañaron, e no que loitarán por impoñerse a un conxunto, o cacereño, que só perdeu un partido na presente liga (ante o Universitario de Ferrol tras dúas prórrogas).
Sen embargo o Arxil non descarta a sorpresa grazas ao seu gran momento de forma e ao seu rendemento como visitante, onde gañou tres dos cinco partidos que venceu ata o momento e que o situaron na quinta praza.
Por se a dificultade fose pouca, as de Mayte Méndez deberán sobrepoñerse á malleira física que supoñerá a viaxe a Extremadura, un desprazamento que está previsto realizar en autocar o mesmo día do partido.