Se queres iniciarte no waterpolo tes unha cita o 6 de setembro
Por Redacción
Co inicio do novo curso, o Club Waterpolo Pontevedrá empeza a partir do mércores 6 de setembro as súas xornada de portas abertas para os nenos e nenas que queiran iniciarse neste deporte.
A piscina de Campolongo será escenario os luns, mércores e venres entre as 16:00 e as 18:00 horas para que poidan probar os nenos nados entre o 2012 e 2016, e nenas entre 2009 e 2016.
Así mesmo, os deportistas do club comezarán este luns 4 de setembro os adestramentos. O alevín masculino (2012-2013) en Campolongo; e o alevín e infantil feminino (2009-2013) na piscina de Rías do Sur.
Desde o club sinalan que no caso do infantil masculino será necesario poñerse en contacto coa entidade a través do correo electrónico ou do teléfono 604 002 018
Ademais, para poder acudir ás probas é necesario cubrir un formulario de inscrición que poderá atoparse na web do club ou nesta ligazón.