Dúas novas incorporacións poñen a guinda ao plantel do Bádminton Ravachol
Por Redacción
O Club Bádminton Ravachol Pontevedra dá por pechado o plantel co que competirá por cuarta tempada consecutiva en División de Honra, máxima categoría nacional.
Faino tras confirmar as súas dúas últimas fichaxes, ademais da baixa deportiva do seu capitán Alejandro Nogueira, que se aparta da competición debido a compromisos laborais pero que seguirá ligado ao club como segundo adestrador e fisioterapeuta.
No que respecta a as novidades, chegouse a un acordo co alacantino Carlos Sánchez-Alarcos para que sexa xogador do Ravachol Pontevedra ata xaneiro, aínda que coa opción de prolongar a vinculación máis aló desa data.
Doutra banda a estrutura feminina reforzouse coa ovetense Laura Álvarez, cedida ata final de tempada desde o Club Bádminton Oviedo.
Estas incorporacións súmanse aos xogadores anunciados con anterioridade, coa continuidade de gran parte do bloque con respecto á pasada campaña: Ana Carbón, Elena Fernández, Emilie Drouin, Gabriel Fernández, Pablo Sanmartín, Lisa Curtin, Hugo Salgueiro, Iziar Barcala, Raquel Miguens, Javier Sánchez, Manuel Brea, Georgina Bland, Leo Van Gysel, Alexandra Oprisan, Benjamin Muir y Jacobo Fernández.
Relacionadas:
-
O Bádminton Ravachol celebra o seu triunfo na casa do actual subcampión de Europa
Por Redacción |
-
Primeira vitoria da tempada para o Bádminton Ravachol na División de Honra
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Tripla medalla para o Bádminton Ravachol no Campionato de España Sénior
Por Redacción |
-
Jacobo Fernández únese á lista de renovacións do Bádminton Ravachol
Por Redacción |
-
Manuel Brea, a por a súa sexta tempada no Bádminton Ravachol Pontevedra
Por Redacción |
-
Georgina Bland renova co Bádminton Ravachol e afrontará a súa cuarta tempada en Pontevedra
Por Redacción |
-
O Ravachol certifica a súa permanencia en Primeira División nunha agónica e decisiva xogada
Por Redacción |