Promoción da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon
© Concello de Pontevedra
Unha cidade namorada do tríatlon
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Resta menos de un mes para que a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon comece na cidade de Pontevedra. A Boa Vila será sede do maior evento deportivo de Galicia este 2023, unha cita que precisará do traballo conxunto de máis de 650 persoas voluntarias para que se desenvolva do mellor xeito posible.
"Pechamos xa o proceso de busca de voluntariado, xa que temos cubertas todas as necesidades neste eido", sinalou este venres o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.
Este grupo de voluntariado estará dividido en dous, dunha banda o apartado deportivo e, doutro, o de seguranza ao longo das probas.
"Cremos que é algo a resaltar e poder transmitirlle o meu agradecemento a toda esta xente que participa activamente e fan posible que Pontevedra poida acoller probas desta categoría", indicou Lores.
"Contaremos coa participación da Escola Naval de Marín e da BRILAT maioritariamente para as cuestións de seguridade e mantemento da proba en estrada".
O alcalde lembrou o idilio ou namoramente que a cidade ten co tríatlon e o tríatlon coa cidade, o que permite que eventos deste tipo sexan non só un éxito a nivel internacional, senón que a Boa Vila poida seguir gozando deles no futuro.
Relacionadas:
-
España presenta a súa armada para a Gran Final: "O público de Pontevedra vainos axudar moito"
Por Redacción |
-
Dispositivo especial de tráfico e mobilidade durante a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Medallistas olímpicos e mundiais, na lista de saída da Gran Final de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Sanxenxo intégrase no comité organizador das Series Mundiais de tríatlon
Por Redacción |
-
Máis de medio milleiro de voluntarios para lograr que a Gran Final das Series Mundiais "sexa un éxito"
Por Diego Espiño |
-
Unha web visibilizará e promocionará a hostalería local durante a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon
Por Diego Espiño |