Presentada a terceira edición do RallyMix Concello de Portas
Por Redacción
Todo preparado xa para a que será a terceira edición do RallyMix Concello de Portas.
A proba automobilística organizada pola Escudería Portas Motor, que terá lugar o sábado 26 e o domingo 27 de agosto, foi presentada a última hora do xoves con presenza de pilotos e institucións.
Na competición, cuarta proba puntuable do Campionato Galego de Rallys Mixtos (terra e asfalto), daranse cita un total de 95 pilotos.
Entre eles, destaca a organización, a espectacular categoría de kartcross estará formada por 33 vehículos.
O RallyMix de Portas conta na súa programación con dúas mangas oficiais cronometradas a partir das 12.00 horas do sábado e outras dúas o domingo, desde as 9.00 horas da mañá.