Mauricio Rodríguez denuncia en comisaría supostos insultos de afeccionados e as peñas responden acusándoo de "provocación"
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Lonxe de calmarse as augas tras a saída de Mauricio Rodríguez do consello de administración do Pontevedra Club de Fútbol, a relación do ex-presidente con parte da afección escribiu un novo capítulo.
O pasado martes Rodríguez Boullosa acudiu á comisaría da Policía Nacional para denunciar uns supostos insultos cara á súa persoa vertidos en redes sociais por seguidores granates.
Como contestación a este feito a Asociación de Peñas do club, integrada por 17 colectivos de afeccionados, emitiu un comunicado no que acusan o ex-dirixente de "provocación" durante o encontro do domingo entre Pontevedra e Grixoa, e cuxo contido recollemos integramente a continuación:
"Unha vez máis a estupefacción asulaga as bancadas de Pasarón, pero esta vez non ten nada que ver có noso equipo, senón que ten que ver co mesmo de sempre, co xa cuasi famoso internacionalmente expresidente granate, e que vaia por diante que levamos días pensando en redactar ou non este comunicado e que estábamos a agardar que pasase a fin de semana co fin de non cambear a dirección das olladas tendo tan preto o encontro deste fin de semana, pero a situación trocou francamente insostible.
Xa non lle chegou con malgastar os pouquiños cartos que quedaban nas contas granates, senón que segue a emperrarse en malgastar os cartos dos contribuintes con denuncias e máis denuncias, todas, claro está, sen sentido ningún, sen ter fundamentos e nin sequera un mínimo de credibilidade coma ben se reflexou no derradeiro xuizo que tivo donde ainda que non o crean fixo rir a propia xuiz cos seus tan ridículos argumentos. Coma ben dicimos isto está agora a se repetir, e outra vez sen motivo e argumento algún, senón co único fin de molestar e de crerse mellor que calquera.
Asociación de Peñas: "Non imos consentir nin máis mentiras, nin máis denuncias sen fundamento, isto xa se converteu nun acoso"
Estamos a falar ben, non queremos entrar en descalificativos, ainda que ben os mereza, xa que a nós educación sí que nos sobra, por iso facemos un chamamento á cordura, pero non a deste señor, polo aquilo e perdón pola repetición, da nosa educación, un chamamento á cordura do consello de administración da institución granate, de calquer accionista maioritario ou mesmo de calquer empregado granate que poida meter man neste tema e acaden dunha vez que isto remate xa, porque xa está ben, non imos consentir nin máis mentiras, nin máis denuncias sen fundamento, isto xa se converteu nun acoso xa non as peñas do Pontevedra CF, senón tamén xa a moitos siareiros do equipo granate, e xa estamos fartos de provocacións, de insultos e de ter que aturar unha situación de semellante calibre, que nos deixe en paz, que deixe as peñas, ós siareiros e a calquer outro que queira vir con nós a disfrutar do noso equipo.
Temos que recordarlle, ainda que repetirlle as cousas non chegue a valer para nada dado a súa ben demostrada falla de siso, que a violación da privacidade das persoas é considerado delito, que deixe de facer que os seus acompañantes adíquense a fotografíar ós membros das peñas das bancadas de pasarón, e de isto nós si temos testigos alleos totalmente ás peñas e así o demostra unha imaxe que nos achegaron no mesmo intre que polas ordes do expresidente granate estábanse a tirar instantáneas de integrantes das peñas granates, iso sí, ben claro non temos para que fin, pero para nada bo seguro.
E con todo isto indicarlle que coma non pare esta situación imos ser nós os que imos tomar os tribunais de man. Indicarlle por este xeito que as provocacións, os insultos e as difamacións que os siareiros granates están a sufrir por parte deste señor, por aquelo de que educación nos sobra, poden ser considerados un tipo de violencia e ate levado ó extremo unha apoloxía da mesma, ben alto dicimos que condenamos calquer tipo de violencia por pequena que sexa, pero na boca de calquera está que calquer día poida acontecer unha desgracia, repetimos que xamais quereriamos que algo así sucedese, pero en calquer intre a calquera lle pode dar por unha tolería, cousa que non queremos voltamos a repetir, nen por suposto, nós, faremos, estas verbas expresan unha clara sensatez e non é só semántica ou retórica.
E xa para finalizar voltamos facer un chamamento para que lle paren os pés a este caba, señor, que educación nos sobra, desde a institución granate, que deixe en paz os granates, que non hai un que queira saber nada deste caba, señor, que só o único que queremos e velo ben lonxe do noso Pontevedriña, que queremos sair adiante con xente que queira traballar por amor as nosas cores. Ben sabemos que xa dixeramos en anteriois comunicados que non iamos falar máis deste señor, que educación nos sobra, e por iso unha vez máis dicimos que xa está ben, e agardemos de verdade que sexa por fin a última".