Barro e Vilagarcía súmanse á lista de localidades con pantalla xigante para seguir a final do Mundial
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
CInco son xa as localidades da comarca que confirmaron a instalación dunha pantalla xigante para seguir o vindeiro domingo 20 de agosto (12.00 horas) a final do Campionato do Mundo de Fútbol entre España e Inglaterra, na que unha pontevedresa como Tere Abelleira aspira a converterse en campioa mundial.
Barro sumouse este venres, tras confirmar este venres o Concello que, coa colaboración da asociación de comerciantes Asembarro, colocará unha pantalla para seguir a gran final na contorna do pavillón municipal.
En caso de choiva, sinalan, o dispositivo instalarase no interior do pavillón.
"Tanto desde o Concello como desde Asembarro pensamos que se trata dun evento deportivo que ten máis significado que un simple partido de fútbol, xa que pon en valor o deporte en igualdade, por iso animamos á veciñanza a que se some á nosa iniciativa", sinala o tenente de alcalde José Sanmartín.
Pola súa banda o Concello de Vilagarcía de Arousa confirmou a instalación dunha nova pantalla, no seu caso na Praza dá Peixería.
Ademais de en Barro está confimada a instalación de pantallas para ver a final do Mundial na Praza da Ferrería en Pontevedra, na Praza da Chousa de Combarro e na Praza Fonte de Ramos de Sanxenxo.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- A Tere Abelleira máis persoal: "A miña nai leva tempo dicindo que vai traer de aniversario a copa"
Por Diego Espiño |
-
Sanxenxo tamén colocará unha pantalla xigante para ver a final do Mundial
Por Redacción |
-
Haberá pantalla xigante "probablemente na Ferrería" para apoiar a Tere Abelleira na final do Mundial
Por Diego Espiño |
-
Poio quere instalar unha pantalla xigante para ver a final do Mundial e apoiar a Tere Abelleira
Por Redacción |
-
Tere Abelleira, tras clasificarse para a final do Mundial: "Acórdome moito da miña familia, que está aí cada día"
Por Diego Espiño |
-
Á final! A España de Tere Abelleira vence a Suecia e xogará por gañar o Mundial (2-1)
Por Diego Espiño |