Mala xornada para o Club Voleibol Pontevedra con derrota dos equipos masculino e feminino
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Dobre derrota para os equipos masculino e feminino do Club Voleibol Pontevedra na xornada das ligas galegas celebrada o pasado fin de semana.
As rapazas cederon pola vía rápida en tres sets na pista do XAV Cambados (25-20/25-21/25-19) e vense relegadas á sétima posición da clasificación.
Tamén perdeu o conxunto masculino en Rianxo ante o Mexillón de Ouro (5-17/25-22/25-15).
A próxima xornada os dous equipos do Club Voleibol Pontevedra Comercial Durán recibirán a visita no Centro Galego de Tecnificación do Emeve Elide B.